Presentación
O Campus Virtual Corporativo do Ministerio de Defensa (CVCDEF) é un sistema corporativo común para levar a cabo o proceso de ensino-aprendizaxe nun medio virtual.
É un sistema que aproveita a evolución das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) para incrementar as posibilidades de capacitación e desenvolvemento profesional do persoal do Ministerio de Defensa.

Utiliza diversas ferramentas de impartición e comunicación entre titores e alumnos para favorecer a aprendizaxe e o proceso formativo:
- Ferramentas de comunicación asíncrona: correo electrónico interno, foros e taboleiros.
- Ferramentas de comunicación síncrona: sesións de “clase virtual en tempo real” que posibilitan simular e gravar a impartición dunha clase presencial.
Permite xuntar nun Campus Virtual común, as necesidades dos Exércitos e outros Organismos, arredor dun sistema e modelo de formación virtual que comparte as mesmas ferramentas e infraestrutura tecnolóxica e está baseado en criterios de formación e organización tamén comúns, ofrecendo así maiores posibilidades de acceso e incremento da oferta formativa.
Finalidade
- Constituír un sistema integrado de ensino nun medio virtual no ámbito do MINISDEF.
- Ser unha ferramenta que facilite a aprendizaxe continuada en calquera momento e desde calquera lugar.
- Obter unha maior eficiencia dos recursos asignados.
- Posibilitar o mantemento e mellora dos niveis de calidade de ensino esixidos, a fin de contribuír á formación requirida para o exercicio profesional.
Características
- Centrado na aprendizaxe e no alumno.
- Baseado na Web e na interacción de profesores-titores e alumnos.
- Uso das tecnoloxías da información e comunicacións (TIC).
- Estruturación dos contidos segundo un modelo formativo virtual preestablecido.
- Medio de traballo de comunicación e colaboración.
- Centrado na aprendizaxe e no alumno.
- Baseado na Web e na interacción de profesores-titores e alumnos.
- Uso das tecnoloxías da información e comunicacións (TIC).
- Estruturación dos contidos segundo un modelo formativo virtual preestablecido.
- Medio de traballo de comunicación e colaboración.
Contidos formativos
- Cursos de Ensino Militar regulado: Cursos virtuais completos ou fases virtuais de cursos de Ensino Militar de Formación, de Perfeccionamento e Altos Estudos da Defensa Nacional..
- Outros cursos cuxos contidos se estimen de apoio ou interese para a formación do persoal militar e civil do Ministerio de Defensa.
Usuarios
Todo o persoal pertencente ao Ministerio de Defensa, tanto militar coma civil, con autorización para realizar as accións formativas ofertadas.
Acceso ao CVDEF
O persoal autorizado do Ministerio de Defensa, poderá acceder ao Campus Virtual Corporativo en calquera momento e desde calquera lugar:
- Desde calquera Unidade, Centro ou Organismo do Ministerio, a través da súa rede de Propósito Xeral (INTRANET).
- Desde calquera lugar a través de INTERNET.